ESCOLA IMAXINDA: EDUCAR A TRAVÉS DA ARTE
Comunicação Oral
Vicente Blanco Mosquera; Salvador Cidrás Robles e Estella Freire Pérez
Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (USC)
Resumo
Esta comunicación presenta o traballo desenvolvido polo colectivo Escola Imaxinada (Vicente Blanco, Salvador Cidrás, Estella Freire) desde 2019. Escola Imaxinada é un colectivo independente e sen ánimo de lucro composto por profesionais de diferentes campos do deseño e das artes cun obxectivo común: achegar ás institucións educativas e culturais metodoloxías baseadas nas artes e contribuír ao diseño de espazos e recursos educativos de calidade. Con base na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo levamos a cabo propostas prácticas colaborando coas escolas, recuperando a idea de taller ou laboratorio, onde a aprendizaxe é producida a través dá experiencia e do xogo. Son propostas nas que ou profesorado acompaña ás crianzas, dándolle materiais, facendo preguntas, respectando os seus tempos e a súa diversidade e non adiantándose a un resultado prefixado. Escola imaxinada xurde como resposta a unha realidade que nos afecta día a día como artistas e docentes nunha facultade de formación de profesorado: a forte presenza nas aulas de infantil e primaria de metodoloxías que inhiben a creatividade da infancia. Formulamos este proxecto como unha transferencia de coñecementos desde a arte á educación. O reto que se nos presenta é trasladar unha metodoloxía baseada nos procesos creativos propios das artes ao ámbito da enseñanza. A arte está, demasiadas veces, nunha posición afastada das realidades sociais formativas, por iso, queremos achegar os dous ámbitos (arte e educación) desde a responsabilidade compartida que implica a mellora e a transformación da práctica educativa. Como artistas e profesores nunha Facultade de Formación de Profesorado, entendemos a creación artística e a educación desde un compromiso común: a formación da identidade das persoas como unha construción autónoma e consciente, conformada en interrelación co contexto sociocultural. Esta perspectiva ten as súas raíces nas pedagoxías críticas e empancipadoras que inciden na toma de conciencia das opresións (Paulo Freire) e nas achegas de diferentes movementos de loita pola igualdade e os dereitos civís, como o movemento feminista, o movemento gai ou o movemento queer. Levamos a cabo diferentes propostas no ámbito educativo como a realización de talleres para a infancia, o deseño de material non estruturado e a difusión de metodoloxías baseadas nas artes, difundiadas a través do blogue Escola Imaxinada e diferentes publicacións. Estas propostas están baseadas nos procesos creativos propios das artes, entendidos como un campo de acción interdisciplinario que se caracteriza por: • aprender creando. Os nenos e nenas crean formas significativas para sí (non para as persoas adultas) a partir das súas experiencias; • incidir na idea de proceso, é dicir, descubrir formas de facer abertas, que non buscan un único resultado; • favorecer a creación dun imaxinario e estilo persoal apartándose de respostas estereotipadas e convencionais; • experimentar con diferentes materiais, técnicas e linguaxes artísticas. Coa nosa investigación, tentamos crear unha ponte entre o ámbito cultural-artístico, a formación universitaria e o traballo nas aulas das escolas; conectar arte, estética, pensamento creativo, reflexión, diversidade, proceso, experimentación e experiencia; apoiar a tarefa docente na área das artes visuais e plásticas (unha área que en España carece de especialistas en infantil e primaria) e, en último termo, compartir experiencias que inviten o profesorado en formación inicial ou en exercicio a repensar o seu traballo docente diario e a metodoloxía que o guía.